Généralités

    1. Pourriez-vous citer les organismes qui ont pour mission de défendre le statut de votre langue ?

    O principal organismo dedicado a defende lo estatus da lingua galega é a Dirección Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia (Goberno autónomo galego). O seu orzamento anual ascende a case tres mil millóns de pesetas. Ademais deste organismo, e por suposto, do Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, existen moitos outros en institucions públicas de menor rango (parlamento autónomo, deputacións, tribunais de xustiza, concellos (en español "ayuntamientos"), universidades, etc.) Así mesmo existen asociacions privadas, como A mesa pola normalización lingüística ou a Asociación de funcionarios para a normalización lingüística en Galicia. (Voir liste complète en annexe n. 4. p. 65.)

    2. Pourriez-vous préciser les lois (articles, dispositions, etc.) relatives au statut de votre langue ?

    Lexislación Comunitaria

    Comité de Ministros do Consello de Europa

    Lexislación Xeral Básica

    Lexislación Xeral Básica sobre a Función Pública e o Procedemento Administrativo .. 69

    Lexislación Básica en materia de Administración Local

    Lexislación Básica en materia de Administración de Xustiza

    Lexislación Básica sobre a Administración Militar

    Lexislación Básica sobre o Réxime Electoral

    Real Decreto 2.224/1986 do 20 de outubro, polo que se modifican as características oficiais dos elementos materiais que se vaian utilizar nos procesos electorais

    CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

    Artigo 3

    1. 0 castelán é a lingua oficial do Estado. Tódolos españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar.

    2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.

    3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

    Artigo 20

    3. A Lei regulamentará a organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social dependentes do Estado ou de calquera ente público e garantirá o acceso ós citados medios dos grupos sociais e políticos significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das diversas linguas de Espana.

    Artigo 148

    1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

    17. O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

    ESTATUTO DE AUTONOMÍA (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía para Galicia) (B.O.E. n� 101, do 28/4/81)

    Artigo 5

    1. A lingua propia de Galicia é o galego.

    2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito, de os coñecer e de os usar.

    3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.

    4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

    Artigo 25

    Na resolución dos concursos e oposicións para prove-los postos de Maxistrados, Xuíces, Secretarios Xudiciais, Fiscais e tódolos funcionarios ó servicio da Administración de Xustiza, será mérito preferente a especialización no dereito galego e o coñecemento do idioma do País.

    Artigo 26

    1. Os Notarios e os Rexistradores da Propiedade e Mercantís serán nomeados pola Comunidade Autónoma, en conformidade coas Leis do Estado. Para a provisión de notarías, os candidatos serán admitidos en igualdade de dereitos, tanto se exercen no territorio de Galicia coma no resto de España. Nestes concursos e oposicións será mérito preferente a especialización en Dereito galego e o coñecemento do idioma do País. Non se poderá establecer, en ningún dos casos, a excepción de natureza ou de veciñanza.

    TÍTULO SEGUNDO DAS COMPETENCIAS DE GALICIA

    CAPÍTULO I - DAS COMPETENCIAS EN XERAL

    Artigo 27

    No marco do presente Estatuto correspóndelle á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva das seguintes materias:

    20. A promoción e o ensino da Lingua galega.

    Artigo 31

    É da competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas Leis orgánicas que, conforme o apartado 1.� do artigo 81 da mesma, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ó Estado o número 30 do apartado 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

    LEI 3/1983, DO 15 DE XUÑO, DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (D.0.G.: 14/7/83)

    0 proceso histórico centralista acentuado no decorrer dos séculos, tivo para Galicia dúas consecuencias profundamente negativas: anula-la posibilidade de constituír institucións propias e impedi-lo desenvolvemento da nosa cultura xenuína cando a imprenta ía promove-lo grande despegue das culturas modernas.

    Sometido a esta despersonalización política e a esta marxinación cultural, o pobo galego padeceu unha progresiva depauperación interna que xa no século XVIII foi denunciada polos ilustrados e que desde mediados do XIX, foi constantemente combatida por tódolos galegos conscientes da necesidade de evita-la desintegración da nosa personalidade.

    A Constitución de 1978, ó recoñece-los nosos dereitos autonómicos como nacionalidade histórica, fixo posible a posta en marcha dun esforzo constructivo encamiñado á plena recuperación da nosa personalidade colectiva e da súa potencialidade creadora.

    Un dos factores fundamentais desa recuperación é a lingua, por se-lo núcleo vital da nosa identidade. A lingua e a maior e máis orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade.

    Únenos co pasado do noso pobo, porque del a recibimos como patrimonio vivo, e uniranos co seu futuro, porque a recibirá de nós como legado da identidade común. E na Galicia do presente serve de vínculo esencial entre os galegos afincados na terra nativa e os galegos emigrados polo mundo.

    A presente Lei, de acordo co establecido no artigo 3 da Constitución e no 5 do Estatuto de Autonomía, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como lingua propia do noso pobo.

    Polas devanditas razóns, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13�, 2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, regulamentadora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

    TÍTULO I - DOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS EN GALICIA

    Artigo 1

    0 galego é a lingua propia de Galicia.

    Tódolos galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo.

    Artigo 2

    Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma.

    Artigo 3

    Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.

    Os cidadáns poderán dirixirse ós xuíces e tribunais para obte-la protección xudicial do dereito a emprega-la súa lingua.

    TÍTULO II - DO USO OFICIAL DO GALEGO

    Artigo 4

    1. O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma. 57

    2. Tamén a é o castelán como lingua oficial do Estado.

    Artigo 5

    As leis de Galicia, os Decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración Pública galega publicaranse en galego e castelán no Diario Oficial de Galicia.

    Artigo 6

    1. Os cidadáns teñen dereito ó uso do galego, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración Pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

    2. As actuacións administrativas en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada.

    3. Os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns.

    4. A Xunta dictará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego. As Corporacións Locais deberán facelo de acordo coas normas recollidas nesta Lei.

    Artigo 7

    1. No ámbito territorial de Galicia, os cidadáns poderán utilizar calquera das dúas linguas oficiais nas relacións coa Administración de Xustiza.

    2. As actuacións xudiciais en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada. En todo caso, a parte ou interesado terá dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa.

    3. A Xunta de Galicia promoverá, de acordo cos órganos correspondentes, a progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza.

    Artigo 8

    Os documentos públicos outorgados en Galicia poderanse redactar en galego ou castelán. De non haber acordo entre as partes, empregaranse ámbalas dúas linguas.

    Artigo 9

    1. Nos Rexistros Públicos dependentes da Adminisitración autonómica, os asentamentos faranse na lingua oficial en que estea redactado o documento ou se faga a manifestación. Se o documento é bilingüe, inscribirase na lingua que indique quen o presenta no Rexistro. Nos Rexistros Públicos non dependentes da Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia promoverá, de acordo cos órganos competentes, o uso normal do galego.

    2. As certificacións literais expediranse na lingua na que se efectuase a inscrición reproducida. Cando non sexa transcrición literal do asentamento, empregarase a lingua oficial interesada polo solicitante.

    3. No caso de documentos inscritos en dobre versión lingüística pódense obter certificións en calquera das versións, a vontade do solicitante. 59

    Artigo 10

    1. Os topónimos de Galicia terán como unica forma oficial a galega.

    2. Correspóndelle á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. 0 nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente.

    3. Estas denominacións son as legais a tódolos efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respectando en tódolos casos as normas internacionais que subscriba o Estado.

    Artigo 11

    1. Co fin de facer efectivos os dereitos recoñecidos no presente Título, os poderes autonómicos promoverán a progresiva capacitación no uso do galego do persoal afecto á Administración Pública e ás empresas de carácter público en Galicia.

    2. Nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración Autónoma e Local considerarase, entre outros méritos, o grao de coñecemento das linguas oficiais, que se ponderará para cada nivel profesional.

    3. Na resolución dos concursos e oposicións para prove-los postos de Maxistrados, Xuíces, Secretarios Xudiciais, Fiscais e tódolos funcionarios ó servicio da Administración de Xustiza, así coma Notarios, Rexistradores da Propiedade e Mercantís, será mérito preferente o coñecemento do idioma galego.

    TíTULO III - DO USO DO GALEGO NO ENSINO

    Artigo 12

    1. 0 galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos.

    2. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización do uso das linguas oficiais no ensino, de acordo coas disposicións da presente Lei.

    Artigo 13

    1. Os nenos teñen dereito a recibi-lo primeiro ensino na súa lingua materna.

    O Goberno Galego arbitrará as medidas necesarias para facer efectivo este dereito.

    2. As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promove-lo uso progresivo do galego no ensino.

    3. Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes por razón da lingua. Tamén se evitará, a non ser que con carácter excepcional as necesidades pedagóxicas así o aconsellaren, a separación en aulas diferentes.

    Artigo 14

    1. A lingua galega é materia de estudio obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios.

    Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.

    2. O Goberno Galego regulamentará as circunstancias excepcionais en que un alumno pode ser dispensado do estudio obrigatorio da lingua galega. Ningún alumno poderá ser dispensado desta obriga se tivera cursado sen interrupción os seus estudios en Galicia.

    3. As autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán.

    Artigo 15

    1. Os profesores e os alumnos no nivel universitario teñen o dereito a empregar, oralmente e por escrito, a lingua oficial da súa preferencia.

    2. O Goberno Galego e as autoridades universitarias arbitrarán as medidas oportunas para facer normal o uso do galego no ensino universitario.

    3. As autoridades educativas adoptarán as medidas oportunas co fin de que a lingua non constitúa obstáculo para facer efectivo o dereito que teñen os alumnos a recibir coñecementos.

    Artigo 16

    1. Nos cursos especiais de educación de adultos e nos cursos de ensino especializado nos que se ensine a disciplina de lingua, é preceptivo o ensino do galego.

    Nos centros de ensino especializado dependentes da Xunta de Galicia establecerase o ensino da lingua galega nos casos en que o seu estudio non teña carácter obrigatorio.

    2. Nos centros de educación especial para alumnos con deficiencias físicas ou mentais para a aprendizaxe empregarase como lingua instruinental aquela que, tendo en conta as circunstaricias familiares e sociais de cada alumno, mellor contribúa ó seu desenvolvemento.

    Artigo 17

    1. Nas Escolas Universitarias e demais centros de Formación do Profesorado será obrigatorio o estudio da lingua galega. Os alumnos destes centros deberán adquiri-la capacitación necesaria para facer efectivos os dereitos que se amparan na presente Lei.

    2. As autoridades educativas promoverán o coñecemento do galego por parte dos profesores dos niveis non incluídos no parágrafo anterior, a fin de garanti-la progresiva normalización do uso da lingua galega no ensino.

    TÍTULO IV - DO USO DO GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

    Artigo 18

    O galego será a lingua usual nas emisoras de radio e televisión e nos demais medios de comunicación social sometidos a xestión ou competencia das institucións da Comunidade Autónoma.

    Artigo 19

    O Goberno Galego prestará apoio económico e material ós medios de comunicación non incluídos no artigo anterior que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo.

    Artigo 20

    Serán obrigas da Xunta de Galicia:

    1. Fomenta-la Producción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

    2. Estimula-las manifestacións culturais, representacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega.

    3. Contribuír ó fomento do libro en galego, con medidas que potencien a producción editorial e a súa difusión.

    TÍTULO V - DO GALEGO EXTERIOR

    Artigo 21

    1. O Goberno Galego fará uso dos recursos que lle confiren a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía para que os emigrantes galegos poidan dispoñer de servicios culturais e lingüísticos en lingua galega.

    2. Así mesmo fará uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de Autonomía a fin de protexa-la lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade Autónoma.

    TÍTULO VI - DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E A FUNCIÓN NORMALIZADORA.

    Artigo 22

    O Goberno Galego asumirá a dirección técnica e o seguimento do proceso de normalización da lingua galega; asesorará á Administración e ós particulares, e coordinará os servicios encamiñados a consegui-los obxectivos da presente Lei.

    Artigo 23

    O Goberno Galego establecerá un plan destinado a resalta-la importancia da lingua como patrimonio histórico da comunidade e a poñer de manifesto a responsabilidade e os deberes que esta ten respecto da súa conservación, protección e transmisión.

    Artigo 24

    1. A Escola Galega de Administrición Pública encargarase da formación dos funcionarios a fin de que poidan usa-lo galego nos termos establecidos pola presente Lei.

    2. O dominio das linguas galega e castelá será condición necesaria para obte-lo diploma da Escola Galega da Administración Pública.

    Artigo 25

    O Goberno Galego e as Corporacións Locais dentro do seu ámbito fomentarán a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras. Con esta finalidade e por actos singulares, poderanse outorgar reduccións ou exencións das obrigas fiscais.

    DISPOSICIÓN ADICIONAL

    Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega.

    Esta normativa será revisada en función do proceso de normalización do uso do galego.

    DISPOSICIÓN FINAL

    A presente Lei entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1983

    Gerardo Fernández Albor Albor

     

    3.Votre langue a-t-elle une reconnaissance officielle ou similaire ?

     

    Resolución sobre a situación das linguas na Comunidade e da lingua galega

    Parlamento Europeo

    Comisión de Peticións

    A Presidenta

    Asunto: A súa petición n� 687/91

    Teño a honra de informarlle que a Comisión de Peticións proseguiu o exame da súa petición na súa xuntanza dos día 26 e 27 de xaneiro de 1993.

    A conclusión deste exame a Comisión considerou que a lingua galega debe recibi-lo mesmo tratamento que a lingua catalana, de conformidade coa resolución aprobada polo Parlamento Europeo o 11 de decembro de 1990 sobre a base do informe elaborado no nome da Comisión de Peticións, relativo á situación das linguas nas Comunidades Europeas e da lingua catalana (Do. A3-169/90).

    Deste xeito dáse por concluído o exame da súa petición.

    Saúdao atentamente.

    Rosaria Bindi

    Presidente da Comisión de Peticións.

    O Parlamento Europeo,

    �Vista a Petición n� 687/91 da Universidade de Santiago,

    �Vistos os artigos 217 e 248 do Tratado constitutivo da Comunidade Económica Europea, os artigos 190 e 225 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea da Enerxía Atómica, así como as diferentes Actas de adhesión,

    �Visto o Regulamento n� 1 do Consello do 15 de abril de 1958, modificado despois de cada adhesión, e en especial os seus artigos 1, 6, 7 e 8,

    �Visto o informe da Comisión de Peticións e as opinións da Comisión de Asuntos Xurídicos e de Dereitos dos Cidadáns e da Comisión de Xuventude, Cultura, Educación, Información e Deporte.

    A) Considerando que as Comunidades Europeas, e máis en particular o Parlamento Europeo, constitúen �de tódolos organismos internacionais que agrupan a países nos que se utilizan diversas linguas� o único órgano que adoptou o principio do "multilingüismo integral"; isto supón que, con excepción do luxemburgués (que pasou a ser unlla lingua oficial de Luxemburgo en 1984), as dez linguas que teñen o estatuto de lingua oficial en todo o territorio dun Estado membro son tamén relevantes en canto linguas da Comunidade, ben entendido que o texto dos actos de dereito derivado non se publican en irlandés,

    B) Considerando que a experiencia demostra que este traballo sistemático en 9 linguas que comporta custos non desprezables, dá orixe a dificultades e sobrecargas técnicas que se poden ver acrecentadas, no seu caso, a consecuencia de novas adhesións,

    C) Considerando, sen embargo, que mediante o recurso extensivo á práctica do "multilingüismo integral" o Parlamento Europeo pretende subliña-la dignidade que recoñece ás linguas, reflexo e expresión das culturas dos pobos e que, en calquera caso, os efectos positivos desta práctica son evidentes posto que permite examina-los textos sometidos ó Parlamento e en especial os textos das propostas de medidas comunitarias que teñen valor lexislativo, nas linguas de tódolos países nos que estas medidas deberán integrarse nos seus sistemas xurídicos,

    D) Considerando a importancia da lingua galega, lingua europea milenaria utilizada en tódolos niveis do ensino e en tódolos medios de difusión, na que existe unha producción cultural e literaria moi importante e da que fai uso efectivo e continuado a maior parte da poboación dun territorio de máis de 2 millóns de habitantes, e tamén o seu carácter oficial,

    E) Considerando, por tódolos motivos antes mencionados que non é posible acceder a unha aplicación completa do principio da igualdade de tódalas linguas dos países comunitarios pero que, polo que fai referencia á lingua galega, existen posibilidades de utilización que poden poñerse en práctica no momento actual,

    1. Subliña a importancia que se lle debe conceder á utilización das linguas por parte das Comunidades Europeas, que deben intentar que os pobos de Europa non contemplen esta institución como un corpo exterior e estraño senón como un elemento que forma parte da vida cotiá dos cidadáns;
    2. Considera que a Petición da Universidade de Santiago traduce ben esta necesidade, en particular referida ó galego, lingua oficial en Galicia, en virtude do seu Estatuto de Autonomía e no marco da norma xeral do artigo 3 da Constitución Española de 1978;
    3. Sinala que, para que o obxecto destas peticións poida facerse realidade, debe terse en conta que a fixación do réxime lingüístico das institucións das Comunidades Europeas (en virtude das disposicións do artigo 271 do Tratado CEE, do artigo 190 do Tratado Euratom e do Regulamento n� 1 do Consello de 15 de abril de 1958) é competencia do Consello, que decide por unanimidade e que, polo que respecta ós Estados membros nos que existen diversas linguas oficiais, o uso da lingua debe determinarse, a solicitude do Estado interesado, segundo as regras xerais da lexislación deste Estado;
    4. Pide ó Consello, formado polos representantes dos Estados membros, e á Comisión que adopten medidas que permitan logra-los obxectivos seguintes:
    5. � a publicación en galego dos Tratados e dos textos fundamentais das Comunidades;

      � a difusión en galego da información pública relativa ás institucións europeas por tódolos medios de comunicación;

      � a inclusión do galego nos programas elaborados pola Comisión para a aprendizaxe e perfeccionamento das linguas europeas;

      � a utilización do galego nas relacións orais e escritas co público na(s) Oficina(s) da Comisión das Comunidades Europeas na Comunidade Autónoma en cuestión;

    6. Acolle con satisfacción que, de conformidade co Regulamento do Tribunal de Xustiza, as testemuñas e os expertos poidan xa utiliza-la lingua galega no Tribunal se non poden expresarse de modo conveniente nunha das linguas de procedemento do Tribunal;
    7. Pide á Mesa, no marco do réxime xurídico mencionado no apartado 3 e polo que respecta ó Parlamento Europeo, que adopte decisións axeitadas na materia, tendo en conta os obxectivos citados;
    8. Encarga ó seu Presidente que transmita a presente resolución e o informe da súa comisión ó Consello, á Comisión e á Universidade que presentou a petición 687/91.

     

    Pourriez-vous développer votre réponse et rédiger un petit paragraphe sur le statut de votre langue ?

    A lingua galega é oficial no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e así se recolle na Constitución española de 1978.

    Tamén goza de certo recoñeremento por parte da Comunidade Europea. (anexo I.3)

    4. Avez-vous connaissance d'une université étrangère ou d'autres institutions à l'extérieur de la région d'influence de votre langue qui s'occuperait ou étudierait les aspects sociolinguistiques et socioculturels de votre langue ?

    Coa finalidade de prestixiar e espalla-lo idioma, o Goberno galego, subscribindo convenios de colaboración coas universidades dos distintos estados e comunidades autónoma, creou lectorados ou cátedras de galego (que sobrepasan os 36 centros dependentes de distintas universidades no curso 1997/1998) que potencian e difunden a nosa lingua e contribúen a que sexa incluída dentro dos programas de estudio dos máas prestixiosos centros universitarios dos catro continentes.

    Evolución dos cursos di lingua galega para estranxeiros

    ANO

    ALUMNOS

    1987

    13

    1988

    25

    1989

    45

    1990

    48

    1991

    50

    1992

    60

    1993

    60

    1994

    60

    1995

    90

    1996

    90

    1997

    90

    1998

    120

    Lectorados ou cátedras de lingua e literatura galega espallados polo mundo

    España

    Deusto, Madrid, Salamanca, Barcelona, Alicante, Granada, Murcia, Universidade do País Vasco, Autónoma de Barcelona

    Alemanña

    Trier, Berlin e Heidelberg

    G. Bretaña

    Oxford e Birmingha

    Italia

    Perugia e Roma

    Finlandia

    Helsinki

    Francia

    París e Rennes

    Rusía

    San Petersburgo

    Portugal

    Lisboa, Universidade do Minho e Nova de Lisboa

    Irlanda

    Cork

    Polonía

    Varsovia

    Arxentina

    Belgrano e Universidade de Bos Aires (UBA)

    Urugüai

    Montevideo

    Brasil

    Bahia, Niteroi, Rio e Fortaleza

    Cuba

    A Habana

    EE.UU

    Nova Iorque e Santa Bárbara

    Australia

    La Trobe

    No periodo 1998-1999 préverse, por parte da Dirección Xeral de Política Lingüística, un aumento do número de lectorados de lingua e literatura galega ata chegaren a un número de 30 espalados por todo o mundo.

    A finais do ano 1996, naceu o boletín informativo Galicia Alén, co propósito de ser vínculo entre Galicia e as universidades que están fóra do Comunidade e como canle de información entre os distintos departamentos de Estudios Galegos. Este boletín elaborado pola Dirección Xeral de Política Lingüística, ten unha periodicidade trimestral e conta cunha tiraxe de 1000 exemplares.

     

    5. Avez-vous connaissance d�autres études portant sur le statut de votre langue et ses aspects linguistiques ?

    O principal estudio global sobre a situación sociolingüística de Galicia é o Mapa Sociolingüístico de Galicia, un extenso e detallado estudio que converte ó galego na lingua probablemente mellor descrita de Europa desde o punto de vista sociolingüísticostico. A obra divídese en tres volumes:

    Lingua incial e competencia lingüística en Galicia (ISBN 84-87987-03-6)

    Usos lingüísticos en Galicia (ISBN 84-87987-10-9)

    Actitudes lingüísticas en Galicia (ISBN 84-87987-13-3)

    Ademais deste estudio global existen estudios sectoriais, adicados a investigacións sociolingüísticas sobre determinadas institucións (a Universidade de Santiago ou. a de Vigo, a Comarca de Ferrol, o Concello de Vigo), e mesmo sobre temas concretos (o uso do galego na Igrexa, nas editoriais, no ensino... )

    No anexo ofrécese unha relación por extenso de estudios sociolingüísticos (só sociolingüísticos) relacionados coa lingua galega actualizada ata 1994.

    Para contestar sobre outros estudios respecto a "aspects linguistiques" sería necesario precisar qué tipo de aspectos, pois existen miles de traballos. En calquera caso é posible consultar bibliografla sobre o particular no seguinte enderezo web : http:/www.cirp.es/

     

    6. Y a-t-il des considérations politiques ou linguistiques qui font que votre langue a d'autres dénominations dans d'autres endroits ?

    Non.

    Sen embargo o galego fálase, ademais de en Galicia, en zonas occidentalis de Asturias, Léon e Zamora. No caso do galego de Asturias contan cunha normativa propia que conserva aspectos dialectais da súa fala.

    7. Existe-t-il une graphie unifieé pour votre langue ?

    Oui.

    Desde o ano 1982. Úsase de maneira xeral, pero existen discrepancias que, co paso do tempo, van minguando.

    8. Votre langue comporte-t-elle des signes particuliers qui ne font pas l'objet d'un traitement informatique usuel sur microordinateur ?

    Non.