
30/01/1998
Xusto Rodríguez,
colega investigador de la Universidade de Santiago de Compostela nos
da a conocer aquí su segundo cuestionario (REF <ENV
017>)
CUESTIONARIO PARA
PRODUCTORES DE TERMINOLOXÍA
I.- VIDA PROFESIONAL
(A información que se obteña neste apartado seranos de grande utilidade
á hora de clasificar en función da súa área de traballo ou do seu
labor profesional ou científico os cuestionarios que vaiamos recibindo.
Nembargantes, se considera que non debe contestar algunhas das preguntas,
por favor, cubra só aquelas que considere oportunas.)
1. Idade:
_ - de 30 anos _ 30-40 anos _ 40-50 anos _ + de 50 anos
2. ¿Traballa pola
súa conta, ou nalgunha entidade pública ou privada?
_ Pola miña conta. (Pase á pregunta 4.)
_ Nunha entidade. (¿En cal?
.............................................................................................)
3. ¿Que tipo de
relación laboral mantén con ela?
_ Son bolseiro/ra.
_ Teño un contrato de duración determinada.
_ Teño un contrato por tempo indefinido.
_ Son funcionario/ria.
4. ¿Cal é a súa
profesión?
.............................................................................................
5. ¿Forma parte
dalgunha organización profesional ou científica da súa área? (P. ex.
colexio, asociación, academia, instituto de investigación...)
_ Si (¿De cal/es?
...................................................................................)
_ Non
6. Modo de contacto:
tfno.: .....................; fax:....................; correo electrónico:..........................................
II.- O TRABALLO
E A LINGUA GALEGA: USOS, OPINIÓNS E PROBLEMAS
7. No seu traballo, ¿emprega a lingua galega en contextos técnicos
ou científicos?
_ Si _ Non (Faga o favor de remitirnos de volta este cuestionario.
Moitas gracias.)
8. ¿En cal dos seguintes
labores o emprega con máis frecuencia? (Escolla só un.)
_ Para traducir textos a/desde o galego.
_ Para corrixir textos en galego.
_ Para redactar textos.
_ Para realizar exposicións orais.
9. ¿En que temas?
(P. ex. arte, dereito, matemáticas, filoloxía,
informática...) (Sináleos por orde de importancia.)
1. ............................................................
2. ............................................................
3. ............................................................
4. ............................................................
10. ¿Que importancia
cre que ten para o futuro do galego fomentar o seu uso en temas especializados?
_ Ningunha _ Pouca _ Algunha _ Bastante _ Moita
11. ¿Recibiu vostede
algún tipo de formación específica sobre como empregar o galego en
contextos técnicos e científicos, ou formouse de xeito autodidacta?
_ Recibín formación. (¿Cal?
............................................................................................)
_ Son autodidacta.
_ Non teño esa formación.
12. ¿Cando emprega
o galego como lingua técnica ten máis ou menos problemas lingüísticos
ca cando emprega o castelán?
_ Máis _ Menos _ Os mesmos
13. ¿En que medida
eses problemas están relacionados co seu grao de
coñecemento dalgún dos seguintes aspectos? (1 nada relacionados; 2
pouco; 3 algo; 4 bastante; 5 moi relacionados)
__ O tema ou temas especializados en que uso o galego.
__ A variedade común, non especializada do galego (a variedade estándar).
__ Aspectos concretos do galego especializado (formación de palabras,
complexidade das oracións...).
__ As palabras técnicas de cada un dos temas especializados.
__ Outro (¿Cal?
............................................................................................)
14. Para usar correctamente
un idioma en temas especializados, ¿que importancia teñen as palabras
técnicas?
_ Ningunha _ Pouca _ Algunha _ Bastante _ Moita
15. ¿Que importancia
cre que teñen as persoas que desenvolven traballos coma o seu na elaboración
e difusión das palabras técnicas?
_ Ningunha _ Pouca _ Algunha _ Bastante _ Moita
16. ¿Recibiu vostede
algún tipo de formación específica sobre como traballar con este tipo
de palabras, ou formouse de xeito autodidacta?
_ Recibín formación específica.
(¿Cal?...................................................................................)
_ Son autodidacta.
_ De ningunha das maneiras, non teño coñecementos sobre eses aspectos.
17. ¿Con que frecuencia
ten que enfrontarse a problemas relacionados co uso das palabras técnicas?
_ Case de seguido
_ Varias veces cada día
_ Algunha vez cada día
_ Algunha vez cada semana
_ Case nunca
18. Cando se lle
presentan, ¿canto tempo adoita ter para resolvelos?
_ Case ningún _ Unhas horas _ Un día _ Poucos días _ + de unha semana
19. Clasifique os
seguintes problemas segundo a súa importancia e as dificultades que
a vostede lle crean. (1 o máis importante, 5 o menos importante).
__ Problemas derivados da escaseza de palabras técnicas en galego.
__ Problemas internos dos diccionarios e vocabularios (escasa especialización,
contradiccións entre obras...).
__ Problemas para acceder ós materiais de consulta, e para difundir
as súas propias propostas.
__ Problemas para determinar o nome galego de conceptos que non teñen
ningún ou que teñen varios.
__ Problemas relacionados co uso real dos nomes que se van elaborando.
20. ¿Que influencia
cre que van ter estes problemas no desenvolvemento futuro do galego?
_ Ningunha _ Pouca _ Algunha _ Bastante _ Moita
III.- OS MATERIAIS
DE CONSULTA
21. ¿Cantos diccionarios especializados, vocabularios, ou outros materiais
(bancos de datos, traballos científicos...) nos que a presencia de
palabras técnicas sexa significativa, coñece en galego?
_ - de 10 _ Entre 10 e 20 _ Entre 20 e 30 _ Entre 30 e 40 _ + de 40
22. Cite os máis
útiles, engadindo o título, o tipo de obra (diccionarios, vocabularios,
traballos científicos, bancos de datos...), o idioma/s, e valóreos
de 1 a 5 en función da súa calidade e utilidade (1 nada útil; 5 moi
útil).
Título
Tipo de obra Idioma Valor
............................................................................
............................................................................
............................................
............................................................................
............................................................................
............................................
............................................................................
............................................................................
............................................
23. ¿Está vostede
de acordo coas seguintes afirmacións referidas ós diccionarios e vocabularios
técnicos en galego? (Se non está de acordo, márqueas cun 0. Se si
está, márqueas de 1 a 5 en función da importancia de cada un dos problemas:
1 nada importante; 2 pouco; 3 algo; 4 bastante; 5 moi importante.)
__ Non seguen criterios internacionalmente aceptados para realizar
este tipo de traballos.
__ Son moi xerais, non entran en áreas realmente especializadas.
__ Inclúen pouca información (en moitos casos só a equivalencia
galego-castelán).
__ Hai contradiccións entre as propostas duns e doutros.
__ Publicítanse pouco e non son doados de atopar.
__ Outro (¿Cal?
.............................................................................................)
24. Na súa opinión,
a calidade xeral deste tipo de materiais en galego é...
_ Baixa _ Media-baixa _ Media _ Media-alta _ Alta
25. De entre a seguinte
información, ¿cal sería útil para vostede nun diccionario ou vocabulario
especializado? (Escolla todas as opcións que considere pertinentes.)
_ O nome en galego e as equivalencias noutras linguas.
_ A definición dos conceptos ós que se está dando nome.
_ A área temática específica á que pertence o concepto.
_ O anaco de texto do que se extraeu o nome galego e a fonte de que
procede.
_ O valor normativo que ten o nome galego, segundo a fonte da que
se extraera.
_ Os sinónimos, se existen, tanto do nome galego como das equivalencias.
_ O nivel de lingua (culto, coloquial...) en que se debe usar o nome
galego.
_ As relacións que existen entre os conceptos.
_ Outro. (¿Cal?
.............................................................................................)
26. De entre a seguinte
información, ¿cal sería imprescindible para vostede nun diccionario
ou vocabulario especializado? (Escolla todas as opcións que considere
pertinentes.)
_ O nome en galego e as equivalencias noutras linguas.
_ A definición dos conceptos ós que se está dando nome.
_ A área temática específica á que pertence o concepto.
_ O anaco de texto do que se extraeu o nome galego e a fonte de que
procede.
_ O valor normativo que ten o nome galego, segundo a fonte da que
se extraera.
_ Os sinónimos, se existen, tanto do nome galego como das equivalencias.
_ O nivel de lingua (culto, coloquial...) en que se debe usar o nome
galego.
_ As relacións que existen entre os conceptos.
_ Outro. (¿Cal?
............................................................................................)
27. ¿En que catro
áreas cre vostede que se debería intensificar o traballo de elaboración
de diccionarios e vocabularios especializados?
1. .....................................................
2. .......................................................
3. .....................................................
4. .......................................................
IV.- A DIFUSIÓN
DESES MATERIAIS
28. ¿De que maneira adoita saber da existencia dun novo traballo (diccionario,
vocabulario, banco de datos, etc.)? (Escolla só a máis
frecuente.)
_ A través das campañas de difusión das organizacións que os elaboraron.
_ Consultando os catálogos das distintas casas editoras.
_ Consultando en organismos de investigación lingüística ou en centros
de documentación.
_ A través do boca a boca.
_ Por casualidade, nunha librería.
_ Doutra maneira. (¿De cal?
....................................................................................)
29. ¿De que maneira
conseguiu facerse con eses novos traballos? (Escolla só a máis frecuente.)
_ Mércoos nas librerías.
_ As organizacións editoras envían de balde o material que lles solicito.
_ As organizacións editoras envíanos directamente ó meu centro de
traballo ou a un colectivo do que formo parte.
_ Teño que fotocopialos, pois son imposibles de atopar.
_ Doutra maneira. (¿De cal?
.....................................................................................)
30. ¿Que medidas
tomaría para mellorar a difusión que en Galicia se fai dos diccionarios
e vocabularios especializados? (Escolla as tres máis relevantes, marcando
como 1 a máis importante e como 3 a menos importante.)
__ Realizar campañas de información entre os potenciais usuarios.
__ Ofrecer servicios de información individualizada sobre materiais
ou
necesidades concretas.
__ Regalar eses materiais no canto de vendelos.
__ Editalos en novos soportes (disquete, CD-ROM) ou en novos sistemas
de comunicación (Internet).
__ Ningunha, a difusión é a adecuada.
__ Outra cousa. (¿Cal?
.............................................................................................)
V.- A FIABILIDADE
DOS TERMOS RECOLLIDOS NOS MATERIAIS
31. ¿En que casos utilizaría o nome galego que aparece nun diccionario
ou nun vocabulario, aínda que persoalmente non lle parecera adecuado?
(Escolla todos os que considere pertinentes.)
_ Nunca.
_ Se aparece nun traballo con valor normativo.
_ Se o traballo está editado por unha entidade que me merece confianza.
_ Se o traballo está realizado por uns autores que me merecen confianza.
_ Se a outros colegas ou compañeiros lles parece adecuada.
_ Sempre.
_ Noutro caso (¿En cal?
............................................................................................)
32. ¿Que grao de
confianza lle atribuiría en principio a diccionarios ou vocabularios
editados por cada unha das seguintes entidades? (1 ningunha confianza;
2 pouca; 3 algunha; 4 bastante; 5 moita confianza).
__ A Dirección Xeral de Política Lingüística
__ A Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
__ A Real Academia Galega
__ O Instituto da Lingua Galega (ILG)
__ O Centro Ramón Piñeiro
__ Os servicios de normalización lingüística das universidades
__ Os servicios de normalización lingüística dos concellos
__ As entidades privadas (asociacións, editoriais...)
__ Outra. (¿Cal?
............................................................................................)
VI.- A ELABORACIÓN
E A SELECCIÓN DOS NOMES GALEGOS
33. ¿Cales dos seguintes procedementos de elaboración de termos se
deberían usar máis, cales menos e cales manterse na proporción actual?
(Marque cun 1 os que se deberían usar máis, cun 2 os que se deberían
usar menos, e cun 3 os que se deberían usar como ata agora.)
__ Seguir criterios estables á hora de escoller un novo nome técnico.
__ Usar palabras que xa existen en galego. (P. ex. ciclismo: arrincada
final -galego- / sprint -inglés-)
__ Aceptar as palabras do inglés. (P. ex. pintura: dripping -galego-
/ dripping -inglés-)
__ Adaptar graficamente as palabras do inglés. (P. ex. rosbif -galego-
/ roast beef -inglés-)
__ Traducir as palabras do inglés. (P. ex. medicina: tensión -galego-
/ stress -inglés-)
__ Aceptar as palabras do castelán. (P. ex. banderilla -galego- /
banderilla -castelán-)
__ Traducir as palabras do castelán. (P. ex. tenis: morte súpeta -galego-
/ muerte súbita -castelán-)
__ Adaptar graficamente as palabras do portugués.
__ Aceptar as palabras máis usadas nos textos especializados en galego.
__ Á hora de elaborarTer en conta á hora de adaptarcaracterísticas
lingüísticas que facilitan o uso das palabras.
34. ¿En qué casos
aceptaría palabras doutra lingua en vez de substituíla por un nome
galego (ben traducido, ou ben elaborado nesta lingua)? (Escolla odos
os que considere pertinentes.)
_ En ningún caso.
_ En certas áreas temáticas.
_ Cando a denominación estranxeira está moi asentada no galego.
_ Cando a denominación estranxeira está asentada en todas as linguas
do noso arredor.
_ Cando o concepto que vén asociado a esa denominación é específico
dun medio social (p. ex. perestroika).
_ Cando o uso do nome galego pode orixinar problemas de comprensión
do concepto.
_ Noutro. (¿En cal?
.............................................................................................)
35. Clasifique os
seguintes métodos segundo a orde en que os iría aplicando para escoller
unha denominación galega entre varias existentes. (1 o primeiro que
aplicaría; 8 o último que aplicaría).
__ Empregar o nome que aparece nos diccionarios e vocabularios normativos.
__ Empregar o nome que aparece en calquera diccionario ou vocabulario.
__ Empregar o nome máis habitual no uso real.
__ Empregar o nome que eu considere máis apropiado.
__ Empregar o nome máis semellante ó do portugués.
__ Nas traduccións, empregar o nome máis semellante ó da lingua de
partida.
__ Empregar o nome que mellor describa o concepto que se nomea.
__ Outro. (¿Cal?
............................................................................................)
VII.- A IMPLANTACIÓN
DOS NOMES GALEGOS
36. En xeral, as palabras técnicas que se están elaborando en galego
son...
_ Nada apropiadas _ Pouco apropiadas _ Algo apropiadas _ Bastante
apropiadas _ Moi apropiadas
37. ¿Cre que, por
regra xeral, estas palabras técnicas van acabar
empregándose realmente na comunicación científica e profesional en
galego?
_ Si (Pase á pregunta 39.) _ Non
38. ¿Por que razón?
(Escolla as tres máis importantes.)
_ Porque os nomes galegos son, en xeral, moi longas.
_ Porque os nomes galegos non remiten con exactitude ó concepto.
_ Porque os nomes doutros idiomas son moito máis precisas.
_ Porque os nomes doutros idiomas soan mellor.
_ Porque a presión doutras linguas acaba impoñendo os nomes deles.
_ Porque os usuarios especializados non coñecen os nomes deles.
_ Outra. (¿Cal?
............................................................................................)
39. ¿Que importancia
tería cada unha das seguintes medidas para favorecer que os nomes
elaborados para o galego se usen realmente? (1 ningunha; 2 pouca;
3 algunha; 4 bastante; 5 moita)
__ Formar a especialistas e traductores sobre cómo elaborar termos
precisos e axeitados para o uso.
__ Redactar leis que obriguen a usar os nomes técnicos galegos en
vez dos estranxeiros.
__ Elaborar máis diccionarios e vocabularios.
__ Potenciar o uso dos nomes galegos nos medios de comunicación en
galego.
__ Potenciar o uso do galego no mundo científico e empresarial.
__ Potenciar un organismo que decida os termos galegos normativos
e se encargue da súa difusión.
__ Outra. (¿Cal?
...........................................................................................)
VIII.- A DIFUSIÓN
DAS PROPOSTAS PROPIAS
40. ¿Almacena dalgún xeito as propostas que vai adoptando cando ten
que elaborar ou escoller un nome galego?
_ Si (Pase á pregunta...) _ Non
41. ¿Por que razón?
(Escolla só unha razón e pase á pregunta 43.)
_ Case non elaboro nomes en galego.
_ Non teño tempo.
_ As propostas non teñen calidade abonda.
_ Non lle vexo a utilidade.
_ Por outro motivo. (¿Por cal?
.............................................................................................)
42. ¿En que material?
_ Nunha ficha en papel.
_ Nun programa de procesamento de textos (Wordperfect, Wordstar, Winword...)
_ Nunha táboa de base de datos. (Dbase, Access, Fox...)
_ Nunha base de datos terminográfica (¿En cal?
..................................................................................)
_ Noutro. (¿En cal?
.............................................................................................)
43. ¿Procura difundir
de maneira habitual as propostas de nomes galegos que vai adoptando?
_ Si _ Non (Pase á pregunta 45.)
44. ¿De que maneira?
(Conteste e pase á pregunta 46.)
_ A través de artigos en publicacións técnicas
_ Enviando listaxes a potenciais usuarios (membros de asociacións
profesionais, traductores...).
_ Mantendo unha páxina con esta información na rede Internet.
_ Enviando listaxes a centros que traballan en terminoloxía de xeito
continuado (servicios de normalización, Centro Ramón Piñeiro, ILG...)
_ Doutro xeito. (¿De cal?
.............................................................................................)
45. ¿Por que non?
_ Porque non as almaceno.
_ Porque non sei a ónde remitilas.
_ Porque supoñen unha vantaxe no meu traballo con respecto á competencia.
_ Porque eu non obteño ningún beneficio.
_ Por outra razón. (¿Por cal?
..............................................................................................)
IX.- NECESIDADES
46. Clasifique os seguintes grupos de necesidades segundo a gravidade
dos problemas que lle presentan ou presentaron. (1 o máis importante
e 4 o menos importante)
__ Necesidades de materiais
__ Necesidades de formación
__ Necesidades de servicios
__ Outras (¿Cales?
..........................................................................................)
47. ¿En que medida
o dispoñer de cada un destes materiais lle facilitaría o uso do galego
como lingua profesional? (1 nada; 2 pouco; 3 algo; 4 bastante; 5 moito)
__ Un "manual de galego técnico" que explique as peculiaridades
desta lingua en contextos especializados.
__ Unhas pautas metodolóxicas sobre elaboración de termos galegos.
__ Ferramentas informáticas para almacenar e elaborar termos galegos.
__ Corpus informático de textos especializados que serve como fonte
de termos.
__ Bancos de datos con termos galegos accesibles a través do CD-ROM,
de Internet, etc.
__ Diccionarios ou vocabularios máis especializados e exhaustivos
cós que existen actualmente.
__ Outro. (¿Cal?
..........................................................................)
48. ¿En que medida
o recibir cursos ou outra formación sobre cada un destes temas lle
facilitaría o uso do galego como lingua profesional? (1 nada; 2 pouco;
3 algo; 4 bastante; 5 moito)
__ Sobre o/s tema/s en que usa o galego técnico.
__ Sobre as peculiaridades do galego en contextos especializados.
__ Sobre os pasos e criterios que seguir para elaborar termos galegos.
__ Sobre como aproveitar os materiais especializados da/s área/s en
que uso o galego técnico.
__ Sobre cómo aproveitar os novos recursos tecnolóxicos (Internet,
corpus, redes...).
__ Outro. (¿Cal?
.............................................................................................)
49. ¿En que medida
o dispoñer de cada un destes servicios lle facilitaría o uso do galego
como lingua profesional? (1 nada; 2 pouco; 3 algo; 4 bastante; 5 moito)
__ Organización de grupos de traballo que elaboren os termos dunha
especialidade concreta.
__ Información sobre diccionarios, vocabularios ou bancos de datos
en
distintas linguas.
__ Servicio de consulta e difusión da terminoloxía galega.
__ Servicio que dera valor normativo ós nomes galegos de determinados
conceptos.
__ Centro que se encargara de coordinar todas as iniciativas relacionadas
coa terminoloxía galega.
__ Outro (¿Cal?
.............................................................................................)
50. ¿Que importancia
ten o papel que lles debe corresponder ás seguintes institucións e
colectivos á hora de cubrir as necesidades devanditas? (1 ningunha;
2 pouca; 3 algunha; 4 bastante; 5 moita)
__ Xunta de Galicia
__ As universidades
__ As academias (da lingua, das ciencias...)
__ Outras institucións públicas (concellos, centros de investigación,
fundacións...)
__ Entidades privadas (colexios profesionais, asociacións diversas,
empresas, editoriais...)
__ Persoas concretas (científicos, traductores, empresarios...)
51. Valore agora
o grao de cumprimento real do papel que teoricamente
deberían xogar. (1 ningún cumprimento; 2 pouco; 3 algún; 4 bastante;
5 moito)
__ Xunta de Galicia
__ As universidades
__ As academias (da lingua, das ciencias...)
__ Outras institucións públicas (concellos, centros de investigación,
fundacións...)
__ Entidades privadas (colexios profesionais, asociacións diversas,
empresas, editoriais...)
__ Persoas concretas (científicos, traductores, empresarios...)
---------------------------------------------------------------------
Xusto A. Rodríguez
Río
Dpto. de Filoloxía Galega Tfno.:+34 +81 563100 ext. 11830
Facultade de Filoloxía Fax:+34 +81 547114
Univ. de Santiago de Compostela Correo el.: [email protected]
Avda. Castelao s/n, 15704
Santiago de Compostela
GALICIA (ESPAÑA)
|